Na pestana “Familias” xa coloquei tres arquivos nos que as familias podedes atopar información, actividades e consellos sobre:
lunes, 18 de junio de 2012
PESTANA FAMILIAS
miércoles, 6 de junio de 2012
viernes, 25 de mayo de 2012
O rol dos pais e da familia na educación dos fillos
Cando vin por casualidade, no xornal ABC o
título "Se educamos os nenos como demócratas, teremos ditadores" non
tiven mas remedio que interesarme en quen podía
ser o que dicia esa frase que non paraba de dar voltas na miña cabeza. É
un francés, nacido en Libia, Aldo Naouri, pediatra especializado en relacións intrafamiliares,
sobre as que escribiu éxitos como "Fillas e Nais", "Pais
permisivos, nenos tiranos ", "Educar os nosos fillos. Unha tarefa
urxente. "
Os seus traballos analizan as relacións
dentro da familia, especialmente a de pais e fillos, sostendo que a educación
dos fillos debe ser feita con autoridade e cariño, pero nunca con
permisividade.
É defensor da autoridade como o principal
alicerce da educación. Para el, é esencial pór barreiras ós pequenos, limitando
o seu poder e evitando que se fagan uns "tiranos". "Os pais
permisivos son a peor influencia para os nenos, acaban facéndose "escravos"
dos seus propios fillos."
Destaca a importancia que os pais aprendan
a dicir "non". "É esencial que o neno saiba que non ten o poder da
casa, que non pode dominar os seus pais e que nin con bágoas ou chantaxes vai
conseguir o que quere."
Segundo Naouri, o neno é moi egoísta, que
naceu e se move por impulsos non controlados, polo que é esencial aprender a
educalo. "A autoridade está en facer cumprir as ordes ó neno, sen ter que
dar explicacións a iso". "Se hai que decirlle "pon o abrigo" ou "come iso", díselle sen ter que dar explicacións." Pois
para Naouri, o neno non é quen de comprender e asimilar como adultos. "O
gran erro dos pais hoxe é que colocan os seus fillos no seu mesmo nivel, dialogan
con eles, tentan razoar, cando iso é imposible."
Comeza a entrevista reproducida abaixo
dicindo que se educamos os nosos fillos como demócratas obteremos dictadores,
pero se os educamos como fascistas, obteremos demócratas.
Recomenda educar mantendo a relación
vertical que debe existir entre pais e fillos, sen terse que xustifican sempre ante
eles, porque os nenos non son os nosos iguais, están por baixo e somos os
adultos quen decidimos.
Se os tratamos como a iguais, vai pensar
que ten a verdade, que está ao mando, cando non debería ser así.
Avoga polo castigo como unha forma de
educar excelente, non corporal, pero usar o illamento, porque o neno lle gusta
comunicarse. A duración do castigo debe impoñela o pai, inmediatamente e,
dependendo da gravidade.
Recomenda cambiar o slogan de "os fillos o primeiro" por "a parella o primeiro." E non facerse amigo do neno, porque os nenos non son os nosos amigos, son os nosos fillos.
Recomenda cambiar o slogan de "os fillos o primeiro" por "a parella o primeiro." E non facerse amigo do neno, porque os nenos non son os nosos amigos, son os nosos fillos.
Naouri, en definitiva ten como obxectivo
crear debate, iniciar unha reflexión sobre o papel educativo dos pais nunha
sociedade en mutación.
É un reaccionario anticuado e
retrógrado, ou un modelo de sensatez e de sentido común?
Reseña dos seus libros máis polémicos
Pais permisivos, nenos tiranos (2005)
É unha contundente e polémica
crítica á pedagoxía que nace nos anos sesenta segundo a cal os pais non
deberían negar nada aos nenos, senón que terían que convertelos no valor
supremo en torno ao cal xirase a súa vida.
Afonda nun problema ao que Naouri achega a teoría de que
os nenos teñen que ser educados na disciplina e ao que os pais deben recuperar
o seu papel de educadores.
Entronca a crise entre pais e fillos coa realidade
política sobre a que se construíu Europa na segunda metade do século XX. Os
países desenvolvidos estaban aínda moi marcados polas ditaduras e "non
estaba ben visto todo o que soase a autoritarismo". Con este panorama
as futuras xeracións de homes e mulleres chegaron a pais coa teoría de ser
tolerantes.
Pero as consecuencias foron catastróficas, asegura Naouri,
porque "a eses nenos que nada se lles impón, se lles deixa a expensas
das súas pulsións".
Considera que o actual modelo educativo non mellorou as
relacións familiares nin creou individuos máis responsables e felices. Pola
contra, os nenos dan mostras de angustia dende idades temperás e móstranse
egoístas.
A súa proposta
é que a familia actual debe adoptar da familia tradicional elementos que seguen
sendo favorables ao desenvolvemento de individuos responsables. Pon o acento no
valor educativo da frustración para evitar que haxa “nenos tiranos”, que
só tiveron como referencia o pracer dende que naceron.
Anos de educación
permisiva crearon unha xeración de nenos maleducados.
Acheganos unha reflexión
e consellos prácticos sobre como educar os nenos dende o berce. Sinala a
importancia da autoridade e os límites que, xunto co amor e o cariño, necesitan
os nenos.
Cando os nosos fillos
se descontrolan, é hora de facerse preguntas reais. As condicións sociais non o
explican todo, !e o amor non abonda!
¿E se a causa do
problema radicase nun déficit de reflexión sobre o que debe ser a educación dos
nosos fillos? A vida en sociedade esixe que cada un acate certas regras e as
faga súas. É o principio de toda educación, e estámonos a apartar perigosamente
del.
Pero ante todo hai que
saber que é un neno, que necesita realmente para converterse en adulto, como
temos que comportarnos con el. E sobre todo como debemos, dende os primeiros
anos, decisivos, exercer o mellor posible o, a miúdo, complicado oficio de ser
pais.
A visión dun pediatra
sobre os fallos e carencias na nosa forma de educar os fillos.
Artigo de "La Vanguardia" publicado nas mesmas datas que a entrevista a Aldo Naouri
NÚRIA ESCUR – Barcelona
Son o teu pai, non o teu amigo
Cando os nenos sobreprotexidos acaban sendo adolescentes conflitivos
Contan que na súa consulta, ante a pregunta dunha
nai preocupada - "¿como debo educar o meu fillo?"-o mesmo Freud
contestou: "Como lle dea gana. ¡De tódolos xeitos estará mal!". Ante
esa imposibilidade de ser infalible, xorden correntes que empezan a poñer en
tea de xuízo prácticas educativas xeradas na década dos sesenta como revulsivo
contra unha educación represiva e humillante. Naceron para corrixir a pésima
herdanza do xarope de pau e "a letra con sangue entra". Agora, na
outra beira, atopámonos con nenos de infancia plácida que crecen en burbullas
permisivas, sen un só límite e con máis capacidade de acción que de reflexión.
Deséñanse adolescentes tiranos que se cren coa autoridade moral de manexar o mundo, e aos que viven nel, ao seu antollo.
Teresa Pont Amenós traballou durante dez anos nos
xulgados de Barcelona. Probounos todos: de menores, de familia, instrución,
penais. Reclamábana -pola súa experiencia como psicoterapeuta e especialista en
criminoloxía- en casos de adolescentes conflitivos. "O que me sorprendeu é
que, en moitos casos, ao lado dun delincuente novo había unha nai permisiva. Nais que me
preguntaban ¿como pode ser, se o tivo
todo? Esa era a miña alerta, a frase. Precisamente por iso, señora".
Os profesionais empezan a enfrontarse a un cambio
no perfil prototípico de adolescente conflitivo. "Antes era sinónimo de
familia desestruturada, barrio baixo, nulas posibilidades. Agora atopámonos con
familias acomodadas, rapaces con formación e, iso si... sen límites".
Insiste Pont en que a sociedade actual favorece un círculo vicioso: pais estresados
que chegan á casa tarde e de mal humor "e para calmar o seu sentido da
culpabilidade lle compran todo o que pide. Eses rapaces nunca interiorizarán
valores intanxibles como o esforzo, a espera, o
aforro. Non teñen nin idea diso".
Unha advertencia rodea as
reflexións de pedagogos e xuristas: se
non pos límites ao teu fillo o estás a facer un mal favor. Déixalo
indefenso ante as frustracións futuras. Sen recursos para afrontar a crise
actual ou as que queden por vir. Por iso recomendan un cambio de actitude:
"Os pais non deben ter medo ao “non”. Hai rapaces que están a pedir a berros que
os freen porque xa se perderon. Pero se o “non” vai acompañado de palabras,
recórdalle que o ti eres o seu pai ou a
súa nai, non o seu amigo".
Ou somos conscientes desta circunstancia -insiste Teresa
Pont- ou "cada vez ímonos atopar nos xulgados con máis rapaces rebeldes,
fillos de familias acomodadas, convertidos en skins perigosos. O peor dos seus pais é que van tan desbordados que lles admiten todo. Pero
esquécenlles dar lles criterio. Niso son orfos".
Cada vez hai máis nenos con síndrome do emperador. Crense
o centro do mundo. Aldo Naouri, pediatra e máxima
autoridade en Francia, atreveuse a augurar que se non se toman medidas -se a
mala educación das xeracións continúa- perigarán mesmo os niveis superiores de
ensino. En 20 anos pode non haber ninguén en condicións de dedicarse á
investigación. Suxire que estamos a criar futuros fascistas: "Á fin e ó
cabo ¿que é un fascista se non un individuo inmerso, por moi adulto que sexa,
no seu infantil poder absoluto". Os
adolescentes, engade, non só cren
que poden telo todo, senón que teñen dereito a todo.
Anna
Berga, doutora en Socioloxía, profesora das Escoles de Treball Social i Educació
Social de la Fundació Pere Tarrés, advirte que en canto a violencia xuvenil hai
moito falso mito. "A conduta incivilizada agora si se considera un
problema novo. Cando as condutas aberrantes as protagonizan adolescentes de clase
media, de ámbitos familiares “normalizados” non atopamos explicación e acabamos
por empregar o cualificativo de violencia gratuíta. Pero non é máis que a nosa
incapacidade para comprender as súas razóns".
miércoles, 2 de mayo de 2012
E-MINTZA, APLICACIÓN GRATUÍTA PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN DE PERSOAS CON AUTISMO
A aplicación e-Mintza é un sistema personalizable e dinámico de comunicación deseñada para persoas con autismo ou barreiras
severas de comunicación oral ou escrita e que
permite ó usuario comunicarse con
outras persoas usando tecnoloxía táctil
e multimedia.
e-Mintza,
desenvolvido en Euskadi, e que se traduce como fala electrónica é un programa de descarga gratuita
facilmente personalizable en termos de linguaxe utilizada, características, textos, imaxes, vídeos ou sons, dependendo das
necesidades ou intereses dos usuarios,
que poden interactuar a través dun dispositivo de tipo pantalla táctil tablet, pero tamén usando
o rato, no caso dun ordenador
de pantalla non táctil.
Entre os seus usos destaca a axenda, na que o usuario
pode poñer un plan temporal secuenciado de ata seis actividades ao
día ou espazo temporal.
Outra característica de e-Mintza é a
capacidade de personalizala con fotos
persoais en vez de pictogramas ou
letras. Tamén inclúe a posibilidade de engadir vídeos.
Dispoñible en castelá e euskera, deixa seleccionar pictogramas de
obxectos ou accións que ó presionalos reproducen unha voz. Para crear frases completas
só hai que escoller ata seis palabras e colocalos
na pizarra.
Aínda que o programa inclúe 400 termos agrupados en 12
bloques, pode almacenar ata 10.000 palabras. Só hai
que sacar unha foto dun obxecto,
dun alimento ou xoguete,
escribir o seu nome e engadilo á colección, personalizando así os grupos,
dependendo do desenvolvemento do usuario.
Neste enlace de e-Mintza
tendes toda a información, manuais, descarga do programa …
CLOUD COMPUTING ou TRABALLAR NA NUBE
“Cloud computing” – “Traballar na nube”, refírese basicamente a que unha
persoa, en calquera momento e en calquera lugar, con aceso a un ordenador
básico (ou tamén un teléfono móbil, unha PDA…), e simplemente cunha conexión a
internet e un navegador, pode ter cubertas todas as súas necesidades
informáticas, é dicir pode traballar, compartir, gardar e recuperar,
comunicarse …, mediante servizos e aplicacións de Internet, e polo tanto sen
ter que telos instalados no seu equipo persoal.
Polo tanto a idea do cloud computing baséase en suministrar dende Internet
as aplicacións que usamos máis habitualmente no noso PC, de xeito que esteamos onde
esteamos poidamos empregalas.
WEBQUEST
Unha webquest é unha actividade de busca informativa
guiada, na que a información usada polos alumnos é obtida de Internet, é dicir,
usamos Internet como recurso educativo. A primeira Webquest deseñouna a mediados dos
90, Bernie Dodge.
As Webquest deséñanse para rentabilizar o tempo do alumnado,
centrando a actividade no uso da información, máis que na súa busca, e para
apoiar a reflexión do alumnado nos niveis de análise, síntese e avaliación.
Se constrúe arredor dunha tarefa atractiva e realizable que involucra desde a adquisición e
organización do coñecemento, ata a extensión e procesamento do mesmo. Polo
tanto trátase tamén de evitar o habitual copia e pega que soe facerse con
internet.
As webquests manteñen unha
estrutura xeral na que se establecen unha serie de apartados:
• Unha introdución que contextualiza o traballo que se vai a desenvolver e
que debe ser clara e concisa.
• Unha tarefa que describe concretamente o traballo que se vai realizar.
• Os recursos, sitios web fundamentalmente, onde atopar a información
necesaria.
• O proceso que determina o modo, paso a paso, no que se obterá a información
para levar a cabo con éxito a tarefa por parte dos alumnos/as.
• A avaliación que establece o método de cualificación da actividade.
• E unhas conclusións finais que repasen o que aprenderon os alumnos/as e
como pode ser aplicado a outros temas.
É dicir, que a través das webquest
o profesorado pode crear actividades de maneira guiada, cunhas premisas
claramente establecidas e baseándose principalmente en recursos procedentes de
internet e actuando de guía, na busca destes recursos . Pola súa banda os
alumnos teñen que facer un uso lóxico e práctico da información, esixíndolles
unha actitude activa e crítica para a resolución de problemas, análises ou
sínteses que se plantexen.
Finalmente
deixo aquí diversos enlaces sobre webquest:
Recopilación de webquest por áreas e materias. Moitas en catalán
UTILIDADE EDUCATIVA E ORIENTADORA DOS WIKIS
Os wikis son un tipo de páxina web que manteñen unha
estrutura de libro, cun índice e os distintos capítulos, e o seu contido pode
ser creado e tamén editado de xeito colaborativo, fácil e rápido por múltiples
usuarios, e dende calquera lugar que teña aceso a internet.
Os usuarios dunha wiki poden crear, modificar ou borrar o
contido dunha páxina web, de forma interactiva, fácil e rápida; ditas
facilidades fan do wiki unha ferramenta efectiva para a escritura colaborativa.
Esta ferramenta permite que páxinas web aloxadas nun servidor (as páxinas wiki)
podan ser escritas a través dun navegador web, utilizando unha notación sinxela
para dar formato, crear enlaces, etc, conservando un historial de cambios que
permite recuperar facilmente calquera estado anterior da páxina.
Isto os fixo moi populares
para facer construcións colectivas, sobre temas específicos, nos cales os
usuarios teñen liberdade para adicionar, eliminar ou editar contidos.
Algúns dos usos que poden darse ós Wikis
educativamente son:
·
Promover a comunicación entre estudantes dunha mesma clase para intercambiar ideas, traballar en equipo, deseñar,
visualizar instantaneamente o que producen, etc.
· Desenrolar habilidades de colaboración.
· Elaborar textos.
· Recoller información e extraer dela so o
que é útil e pertinente para o traballo que están facendo.
· Reelaborar libros de texto dotándoo de sentido persoal
e colectivo.
· Enriquecer traballos en grupo con elementos
multimedia como videos, sons, imaxes, animacións, etc.
· Presentar traballos.
· Revisar e corrixir traballos por parte dos profesores/as.
· Crear contidos tanto docentes como
estudantes. Ademais, facilita que grupos de docentes elaboren colectivamente
recursos de aprendizaxe para seus alumnos/as.
· Elaborar Boletíns Escolares. Un Wiki pode converterse
nun medio de comunicación gratuíto entre un centro e a comunidade escolar.
· Levar a cabo Proxectos Colaborativos entre grupos de estudantes que se atopan en
diferentes partes do mundo.
Como vemos os wikis ofrecen un gran potencial no seu uso,
tanto entre os diferentes compoñentes dos centros educativos (profesorado,
alumnado, familias, orientador, equipo directivo), como destes compoñentes con
outros doutras comunidades educativas.
¿Onde podemos crear wikis?
miércoles, 4 de abril de 2012
MARCADORES SOCIAIS: TÉCNICAS DE ESTUDO
Para rematar a miña aprendizaxe sobre os marcadores
sociais comentarei brevemente esta páxina da “Junta de Castilla y León” sobre
as técnicas de estudo que atopei en Mister Wong na categoría técnicas de estudo.
É unha páxina que nada mais abrila chama a nosa atención,
está feita con Flash e representa unha habitación con un estudante; a través
del movémonos polo cuarto e vamos atopando toda a información que nos ofrece,
que é ampla e variada.
Esta información está clasificada en catro apartados:
prepararse, documentarse, estudar e examinarse. Na primeira, prepararse,
aconsella coidarse correctamente (comer ben, durmir as horas necesarias, facer
deporte, relaxarse…), sentarse e
colocarse ben fronte ao ordenador; remata este apartado cun par de actividades
para repasar tódolos consellos repasados anteriormente.
En documentarse danos unha serie de consellos sobre a
utilización dos buscadores e a información que atopamos en internet, que
dicionarios e enciclopedias nos poden axudar mellor no noso estudo, ou a
conveniencia de utilizar as bibliotecas. Remata igual que o anterior con par de
actividades prácticas.
En estudar hai dous apartados cunha ampla documentación,
un para descubrir unha serie de regras mnemotécnicas e outra sobre as técnicas
de estudo. Remata, igual que os anteriores apartados, cunha serie, tamén ampla,
de actividades para repasar as técnicas vistas.
No último apartado, examinarse, primeiro nos fala dos
diferentes tipos de exame e nos da unha serie de recomendación de cómo encaralo
e logo, a partir dun texto dado, invítanos a practicar as técnicas de estudo e
as regras mnemotécnicas vistas anteriormente, para rematar facendo un exame.
En resume unha páxina atractiva visualmente e cunha
chea de recomendacións e actividades moi aproveitables.
MARCADORES SOCIAIS: TICs
Hoxe quero facer unha pequena reseña da webquest “Las TICS enorientación y tutoría”,
atopada en Mister Wong na súa categoría de orientación_tic.
É unha webquest
que está
dirixida a titores e orientadores que queiran aprender a utilizar as Tics no
ámbito da orientación educativa e a titoría.
Nela, a través de enlaces, empeza por axudarnos a crear
contas en hotmail ou en gmail. A continuación, e a través de varios vídeos,
guíanos na creación dun blog, de melloralo poñéndolle gadgets, fotos e vídeos, editando
entradas… Ensínanos tamén a crear un vídeo có programa Photostory e
posteriormente insertalo no blog. Tamén nos deixa os enlaces para poder crear
discos duros virtuais, tanto en Skydrive, como en Dopbox, para así poder utilizalos para compartir materiais cos titores,
por exemplo. Finalmente nos ensina a crear unha webquest (válida tanto para
orientadores como para titores) coa axuda dun vídeo e unha webquest,
deixándonos tamén un enlace onde poderemos crear e aloxar a nosa webquest.
MARCADORES SOCIAIS: BLOGs
Seguindo coa aprendizaxe sobre o uso das TICs no meu traballo como
orientador, estou agora descubrindo os MARCADORES SOCIAIS, unha ferramenta que
nos pode axudar a mellorar os procesos de información, formación e comunicación
do Departamento de Orientación co alumnado, familias e profesorado. Ou como
empeza Amparo Toral no seu estupendo artigo “MARCADORES
SOCIALES: Mister Wong, Diigo y Delicious”, Os marcadores sociais permiten ós profesores localizar,
almacenar, etiquetar e anotar recursos de Internet para reutilizalos dende
calquera ordenador, e compartilos coa comunidade educativa.
Eu, debido as miñas limitacións co inglés,
centreime en Mister Wong, o único que está en castelán. Nel, e na categoría de Blogs, entre unha morea deles, atopei varios moi
interesantes. Un deles é o de “Orientación Andujar”, blog no que atopamos gran cantidade e calidade de recursos de
orientación, titorías, audición e linguaxe, necesidades educativas especiais,
atención, conduta, lectoescritura…. Ofrécenos tamén unha chea de interesantes
enlaces a outras páxinas, como por exemplo “Actiludis” ou “9letras”. Ademais é
un blog que ofrece novos recursos con moita asiduidade, non pasa apenas tempo e
xa nos está ofrecendo novos materiais. Por todo elo recomendo este blog, sobre
todo a mestres e orientadores de infantil e primaria, aunque tamén ten recursos
para educación secundaria.
Outro blog que tamén recomendo, aínda que a súa
última entrada é xa de xaneiro do 2011, é “Recursos educativos para mestres”, que como se ve no seu título
está en galego e vai dirixido basicamente para mestres, pero tamén atopamos
enlaces para profes de secundaria.
O primeiro que me chamou a atención deste blog, é
precisamente o último artigo: “Recursos TIC: clasificación xeral” que anima e motiva ó profesorado a introducir o uso dos recursos
TIC na súa práctica docente habitual. Para elo suxírenos unha chea de recursos
clasificados do seguinte xeito:
1. Recursos para apoiar a exposición docente (as explicacións habituais
do profesor/a) e para buscar información en internet.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos
e reforzo para o alumnado
5. Outros recursos
xeneralistas e de apoio (redes sociais docentes, departamento de orientación
(PT, AL…), directorios de recursos…)
Ademais déixanos tamén outro montón de enlaces sobre atención á
diversidade, blogs educativos, para titores, conmemoracións e temas
transversais, convivencia, orientación educativa, recursos de aula, software
libre, web 2.0…
jueves, 22 de marzo de 2012
domingo, 18 de marzo de 2012
O Blog como ferramenta na Orientación Educativa
Seguindo coa idea de crear un blog para o departamento de orientación
comentaremos agora este documento de Daniel Veiga, orientador do IES García
Barbón de Verín (Ourense).
Empezarei por dicir que a pesares que boa parte do documento se centra nun
blog de orientación como Guía de información académica e profesional, é dicir
basicamente dirixido á educación secundaria, poderiamos pensar que aos que
somos orientadores de primaria non nos interesará este documento, pero nada
máis lonxe, xa que dende as primeira páxinas quere facernos ver o útil que pode
chegar a ser un blog para o noso traballo, xa non como orientadores, senón como
educadores; e non so útil, tamén sinxelo e gratis, e que potencia a
participación, a interactividade, que posibilita a sindicación de
contidos-RSS-(informarse de maneira automática) e incluso podémolo empregar
como un sistema de almacenamento e organización da información que vamos
atopando en internet e que a maioría de nos, como moito, a colocamos nos
favoritos do noso navegador. En definitiva que o blog pode ser un bo espazo de
aprendizaxe que permite variadas aplicacións pedagóxicas.
Pero non se limita a falar das bondades educativas dos blogs, pasa rapidamente
ao práctico, nos vai dicindo, paso a paso e dende o principio, como e con que
ferramentas planificar, crear e manter o noso blog.
Recoméndanos crealo con BLOGIA que é gratis, posibilita clasificar os
artigos por temas, un buscador interno, plantillas para o deseño do blog,
ligazóns, copia de seguridade, sindicación de contidos (RSS),etc; pero tamén
nos fala da posibilidade de crealo en galego con BLOGOTECA ou con BLOGALIZA.
Unha vez creado suxírenos que nos aproveitemos das vantaxes de Blogia Plus,
que podemos instalar un contador de visitas, darnos de alta no buscador Google,
así como na páxina de Aulablog, que ten unha chea de recursos.
Non podemos esquecernos tampouco de rexistrarnos en Bloglines, aplicación
que nos da a posibilidade de informarnos de xeito automático, para elo o
documento guíanos na forma de facelo.
Non deixa de sinalar que é básico ter claro para que queremos crear o blog,
cales van ser as súas finalidades e funcións; en definitiva cales van ser os
Temas ao redor dos cales vamos a organizar a información, recursos… que vamos a
engadir no noso blog; temas que co paso do tempo irán ampliándose.
Tamén nos indica unha serie de estratexias e de recursos de internet que
nos axudarán ao mantemento e creación de contidos do blog. Algúns deles son: o
servizo de alertas de Google, a utilización do servizo de sindicación de
contidos para ler información actualizada de múltiples páxinas web de interese,
un servizo de correo electrónico para o almacenamento de información sen
problemas de cantidade, suscripción a diferentes monográficos e publicacións
relacionadas coa educación…
Finalmente tamén nos deixa ademais de bibliografía, as direccións web de
moitas aplicacións que poderían interesarnos no noso traballo orientador, e a
dirección de varios blogs que nos axudarán na creación, utilización recursos
para o noso blog de orientación.
En resume un documento moi interesante, que anque algo
antigo, un pouco desorganizado e con algunhas das direccións recomendadas
obsoletas, útil para iniciarnos no mundo dos blogs educativos.
El Blog como herramienta de Orientación
Se no primeiro artigo remataba
falando de motivos para que os orientadores nos embarcáramos na creación dun
blog, neste segundo seguiremos incidindo no mesmo tema, comentando agora este documento
de Mª Carmen Delgado
Lendínez, orientadora dun colexio de Cádiz, sobre o seu blog
“http://orientagades.wordpress.com/”.
A autora comeza cóntanos que se
iniciou neste mundo dixital creando unha Web dedicada á orientación ata que se
decatou do potencial, dinamismo e sinxeleza dos blogs, có que ela pretende
basicamente incorporar as TICs á labor orientadora.
E nesta labor o primeiro é dotar ao alumnado das ferramentas necesarias
para facelos competentes dixitais. Axudalos a ser máis autónomos, a aprender
onde atopar información, cuestionando a súa fiabilidade e contrastándoa, para
que esta sexa útil. Así, nos di, que un 1º obxectivo do seu blog sería proporcionar ferramentas e información relevante
para a toma de decisións vocacionais, tanto ao alumnado como á familia,
á que se lle ofrece tamén materiais de interese para formarse nos temas
relacionados coa educación dos seus fillos.
O 2º obxectivo do seu blog, de
utilidade para o traballo orientador, pensa que sería o de recopilar recursos, webs, ferramentas para a
formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación
en xeneral. Toda esta información, colocada no blog dun xeito organizado,
estará así totalmente accesible, tanto para nos como para a xente que o visita.
E se, ademais, utilizamos a suscripción e un lector RSS para estar ao día das
novidades que se publiquen nestas páxinas, gañaremos moito tempo e estaremos ao
día.
En terceiro
lugar, pretende proporcionar aos titores e ao profesorado en xeneral materiais
de utilidade para a acción titorial:
técnicas de estudio, titorías interactivas, guías sobre ciberbullying, redes
sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico, educación en valores,
para la convivencia, educación para a saúde, etc.
Por último,
dinos que a propia demanda dos usuarios impúxolle un novo obxectivo: informar das
posibilidades a nivel de títulos que ofrece o sistema educativo de "reincorporarse " ao mesmo, aspecto
que resulta que é o máis visitado do blog.
Logo, fálanos polo miúdo da
estrutura e dos recursos do seu blog, que como todos está estruturado en categorías
(de educación secundaria) e etiquetas, organizadas en forma de nube segundo a relevancia das entradas. As barras
laterais conteñen informacións, enlaces, presentacións… que se queren destacar
en determinados momentos. Tamén inclúe páxinas estáticas con temas de interese
para os seus usuarios, alumnado e familias de secundaria.
Finalmente fai unha reflexión sobre
a dedicación que supón o blog, unha vez que empezas, sempre estás activo, tes
novas ideas para melloralo, novos contidos que engadir e a isto vese
incrementado pola gran diversidade
e amplitude de contidos que existen dentro da orientación. E que se fixeramos
de internet unha verdadeira comunidade de aprendizaxe o noso traballo sería
máis doado.
Como vedes é un sinxelo artigo sobre o que é un blog,
que nos axuda e serve de guía a os que como eu se está iniciando neste mundo, e
nos fai ter presente que hoxe en día
temos que poñernos ao día nas ferramentas dixitais para empregalas no noso
traballo como orientadores, como educadores, e traballando, a ser posible, dun
xeito colaborativo e compartindo, para así ser máis eficaces e aforrar esforzos
e tempo.
Docente: 8 motivos para crear o teu blog en 2012
Xa que empezamos una nova experiencia educativa creando
este blog, non está demais que o primeiro artigo que publique sexa para
recomendar a tódolos docentes a lectura deste documento do blog de TotemGuard que nos
fala precisamente dos beneficios de crear un blog.
Ven a dicirnos que cada docente que crea un blog ten os
seus propios motivos, pero que regularmente entre todos eles se repiten
sistematicamente 8 motivos:
1.
Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento
2. Progresar
en competencias TIC
3. Comunicar
con outros profesionais da educación
4. Conectar
cos alumnos e pais
5. Mellorar
a presentación oral e escrita
6.
Desenrolar o teu lado máis creativo
7. Expandir
as túas oportunidades profesionais
8. Cambiar a
imaxe pública do docente
Se estes
motivos poden ser suficientes para iniciar un blog, no meu caso concreto, que
son orientador, ademais poderiamos engadir sen dúbida:
● Poder acceder á documentación
que queiran compartir con nos os profesores e outros orientadores, de forma
privada e segura.
● Axúdanos a ser un facilitador
de ferramentas, un animador de cambio, de inclusión das TIC na educación e
dinamizador de entornos comunicativos dixitais, un difusor de información de
todo tipo…
● Ofrecer ás familias materiais de interese para
formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos.
● Poder resolver as súas dúbidas puntuais sen
necesidade de concertar unha entrevista.
● Ademais, ó quedar as preguntas e as respostas
publicadas poden servir a outras persoas con interese nos mesmos asuntos.
● Recopilar recursos, webs, ferramentas para a
formación, materiais, etc.
● Proporcionar aos titores e ao profesorado en xeneral
materiais de utilidade para a acción
titorial : técnicas de estudo, titorías interactivas, guías sobre
ciberbullying, redes sociais, materiais das probas de diagnóstico, educación en
valores, para a convivencia…
● E moitos outros
motivos, nos que seguro que xa estades pensando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)