Unha webquest é unha actividade de busca informativa
guiada, na que a información usada polos alumnos é obtida de Internet, é dicir,
usamos Internet como recurso educativo. A primeira Webquest deseñouna a mediados dos
90, Bernie Dodge.
As Webquest deséñanse para rentabilizar o tempo do alumnado,
centrando a actividade no uso da información, máis que na súa busca, e para
apoiar a reflexión do alumnado nos niveis de análise, síntese e avaliación.
Se constrúe arredor dunha tarefa atractiva e realizable que involucra desde a adquisición e
organización do coñecemento, ata a extensión e procesamento do mesmo. Polo
tanto trátase tamén de evitar o habitual copia e pega que soe facerse con
internet.
As webquests manteñen unha
estrutura xeral na que se establecen unha serie de apartados:
• Unha introdución que contextualiza o traballo que se vai a desenvolver e
que debe ser clara e concisa.
• Unha tarefa que describe concretamente o traballo que se vai realizar.
• Os recursos, sitios web fundamentalmente, onde atopar a información
necesaria.
• O proceso que determina o modo, paso a paso, no que se obterá a información
para levar a cabo con éxito a tarefa por parte dos alumnos/as.
• A avaliación que establece o método de cualificación da actividade.
• E unhas conclusións finais que repasen o que aprenderon os alumnos/as e
como pode ser aplicado a outros temas.
É dicir, que a través das webquest
o profesorado pode crear actividades de maneira guiada, cunhas premisas
claramente establecidas e baseándose principalmente en recursos procedentes de
internet e actuando de guía, na busca destes recursos . Pola súa banda os
alumnos teñen que facer un uso lóxico e práctico da información, esixíndolles
unha actitude activa e crítica para a resolución de problemas, análises ou
sínteses que se plantexen.
Finalmente
deixo aquí diversos enlaces sobre webquest:
Recopilación de webquest por áreas e materias. Moitas en catalán
No hay comentarios:
Publicar un comentario