Seguindo coa aprendizaxe sobre o uso das TICs no meu traballo como
orientador, estou agora descubrindo os MARCADORES SOCIAIS, unha ferramenta que
nos pode axudar a mellorar os procesos de información, formación e comunicación
do Departamento de Orientación co alumnado, familias e profesorado. Ou como
empeza Amparo Toral no seu estupendo artigo “MARCADORES
SOCIALES: Mister Wong, Diigo y Delicious”, Os marcadores sociais permiten ós profesores localizar,
almacenar, etiquetar e anotar recursos de Internet para reutilizalos dende
calquera ordenador, e compartilos coa comunidade educativa.
Eu, debido as miñas limitacións co inglés,
centreime en Mister Wong, o único que está en castelán. Nel, e na categoría de Blogs, entre unha morea deles, atopei varios moi
interesantes. Un deles é o de “Orientación Andujar”, blog no que atopamos gran cantidade e calidade de recursos de
orientación, titorías, audición e linguaxe, necesidades educativas especiais,
atención, conduta, lectoescritura…. Ofrécenos tamén unha chea de interesantes
enlaces a outras páxinas, como por exemplo “Actiludis” ou “9letras”. Ademais é
un blog que ofrece novos recursos con moita asiduidade, non pasa apenas tempo e
xa nos está ofrecendo novos materiais. Por todo elo recomendo este blog, sobre
todo a mestres e orientadores de infantil e primaria, aunque tamén ten recursos
para educación secundaria.
Outro blog que tamén recomendo, aínda que a súa
última entrada é xa de xaneiro do 2011, é “Recursos educativos para mestres”, que como se ve no seu título
está en galego e vai dirixido basicamente para mestres, pero tamén atopamos
enlaces para profes de secundaria.
O primeiro que me chamou a atención deste blog, é
precisamente o último artigo: “Recursos TIC: clasificación xeral” que anima e motiva ó profesorado a introducir o uso dos recursos
TIC na súa práctica docente habitual. Para elo suxírenos unha chea de recursos
clasificados do seguinte xeito:
1. Recursos para apoiar a exposición docente (as explicacións habituais
do profesor/a) e para buscar información en internet.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos
e reforzo para o alumnado
5. Outros recursos
xeneralistas e de apoio (redes sociais docentes, departamento de orientación
(PT, AL…), directorios de recursos…)
Ademais déixanos tamén outro montón de enlaces sobre atención á
diversidade, blogs educativos, para titores, conmemoracións e temas
transversais, convivencia, orientación educativa, recursos de aula, software
libre, web 2.0…
No hay comentarios:
Publicar un comentario