Xa que empezamos una nova experiencia educativa creando
este blog, non está demais que o primeiro artigo que publique sexa para
recomendar a tódolos docentes a lectura deste documento do blog de TotemGuard que nos
fala precisamente dos beneficios de crear un blog.
Ven a dicirnos que cada docente que crea un blog ten os
seus propios motivos, pero que regularmente entre todos eles se repiten
sistematicamente 8 motivos:
1.
Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento
2. Progresar
en competencias TIC
3. Comunicar
con outros profesionais da educación
4. Conectar
cos alumnos e pais
5. Mellorar
a presentación oral e escrita
6.
Desenrolar o teu lado máis creativo
7. Expandir
as túas oportunidades profesionais
8. Cambiar a
imaxe pública do docente
Se estes
motivos poden ser suficientes para iniciar un blog, no meu caso concreto, que
son orientador, ademais poderiamos engadir sen dúbida:
● Poder acceder á documentación
que queiran compartir con nos os profesores e outros orientadores, de forma
privada e segura.
● Axúdanos a ser un facilitador
de ferramentas, un animador de cambio, de inclusión das TIC na educación e
dinamizador de entornos comunicativos dixitais, un difusor de información de
todo tipo…
● Ofrecer ás familias materiais de interese para
formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos.
● Poder resolver as súas dúbidas puntuais sen
necesidade de concertar unha entrevista.
● Ademais, ó quedar as preguntas e as respostas
publicadas poden servir a outras persoas con interese nos mesmos asuntos.
● Recopilar recursos, webs, ferramentas para a
formación, materiais, etc.
● Proporcionar aos titores e ao profesorado en xeneral
materiais de utilidade para a acción
titorial : técnicas de estudo, titorías interactivas, guías sobre
ciberbullying, redes sociais, materiais das probas de diagnóstico, educación en
valores, para a convivencia…
● E moitos outros
motivos, nos que seguro que xa estades pensando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario