Seguindo coa idea de crear un blog para o departamento de orientación
comentaremos agora este documento de Daniel Veiga, orientador do IES García
Barbón de Verín (Ourense).
Empezarei por dicir que a pesares que boa parte do documento se centra nun
blog de orientación como Guía de información académica e profesional, é dicir
basicamente dirixido á educación secundaria, poderiamos pensar que aos que
somos orientadores de primaria non nos interesará este documento, pero nada
máis lonxe, xa que dende as primeira páxinas quere facernos ver o útil que pode
chegar a ser un blog para o noso traballo, xa non como orientadores, senón como
educadores; e non so útil, tamén sinxelo e gratis, e que potencia a
participación, a interactividade, que posibilita a sindicación de
contidos-RSS-(informarse de maneira automática) e incluso podémolo empregar
como un sistema de almacenamento e organización da información que vamos
atopando en internet e que a maioría de nos, como moito, a colocamos nos
favoritos do noso navegador. En definitiva que o blog pode ser un bo espazo de
aprendizaxe que permite variadas aplicacións pedagóxicas.
Pero non se limita a falar das bondades educativas dos blogs, pasa rapidamente
ao práctico, nos vai dicindo, paso a paso e dende o principio, como e con que
ferramentas planificar, crear e manter o noso blog.
Recoméndanos crealo con BLOGIA que é gratis, posibilita clasificar os
artigos por temas, un buscador interno, plantillas para o deseño do blog,
ligazóns, copia de seguridade, sindicación de contidos (RSS),etc; pero tamén
nos fala da posibilidade de crealo en galego con BLOGOTECA ou con BLOGALIZA.
Unha vez creado suxírenos que nos aproveitemos das vantaxes de Blogia Plus,
que podemos instalar un contador de visitas, darnos de alta no buscador Google,
así como na páxina de Aulablog, que ten unha chea de recursos.
Non podemos esquecernos tampouco de rexistrarnos en Bloglines, aplicación
que nos da a posibilidade de informarnos de xeito automático, para elo o
documento guíanos na forma de facelo.
Non deixa de sinalar que é básico ter claro para que queremos crear o blog,
cales van ser as súas finalidades e funcións; en definitiva cales van ser os
Temas ao redor dos cales vamos a organizar a información, recursos… que vamos a
engadir no noso blog; temas que co paso do tempo irán ampliándose.
Tamén nos indica unha serie de estratexias e de recursos de internet que
nos axudarán ao mantemento e creación de contidos do blog. Algúns deles son: o
servizo de alertas de Google, a utilización do servizo de sindicación de
contidos para ler información actualizada de múltiples páxinas web de interese,
un servizo de correo electrónico para o almacenamento de información sen
problemas de cantidade, suscripción a diferentes monográficos e publicacións
relacionadas coa educación…
Finalmente tamén nos deixa ademais de bibliografía, as direccións web de
moitas aplicacións que poderían interesarnos no noso traballo orientador, e a
dirección de varios blogs que nos axudarán na creación, utilización recursos
para o noso blog de orientación.
En resume un documento moi interesante, que anque algo
antigo, un pouco desorganizado e con algunhas das direccións recomendadas
obsoletas, útil para iniciarnos no mundo dos blogs educativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario