Para rematar a miña aprendizaxe sobre os marcadores
sociais comentarei brevemente esta páxina da “Junta de Castilla y León” sobre
as técnicas de estudo que atopei en Mister Wong na categoría técnicas de estudo.
É unha páxina que nada mais abrila chama a nosa atención,
está feita con Flash e representa unha habitación con un estudante; a través
del movémonos polo cuarto e vamos atopando toda a información que nos ofrece,
que é ampla e variada.
Esta información está clasificada en catro apartados:
prepararse, documentarse, estudar e examinarse. Na primeira, prepararse,
aconsella coidarse correctamente (comer ben, durmir as horas necesarias, facer
deporte, relaxarse…), sentarse e
colocarse ben fronte ao ordenador; remata este apartado cun par de actividades
para repasar tódolos consellos repasados anteriormente.
En documentarse danos unha serie de consellos sobre a
utilización dos buscadores e a información que atopamos en internet, que
dicionarios e enciclopedias nos poden axudar mellor no noso estudo, ou a
conveniencia de utilizar as bibliotecas. Remata igual que o anterior con par de
actividades prácticas.
En estudar hai dous apartados cunha ampla documentación,
un para descubrir unha serie de regras mnemotécnicas e outra sobre as técnicas
de estudo. Remata, igual que os anteriores apartados, cunha serie, tamén ampla,
de actividades para repasar as técnicas vistas.
No último apartado, examinarse, primeiro nos fala dos
diferentes tipos de exame e nos da unha serie de recomendación de cómo encaralo
e logo, a partir dun texto dado, invítanos a practicar as técnicas de estudo e
as regras mnemotécnicas vistas anteriormente, para rematar facendo un exame.
En resume unha páxina atractiva visualmente e cunha
chea de recomendacións e actividades moi aproveitables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario