miércoles, 2 de mayo de 2012

CLOUD COMPUTING ou TRABALLAR NA NUBE


“Cloud computing” – “Traballar na nube”, refírese basicamente a que unha persoa, en calquera momento e en calquera lugar, con aceso a un ordenador básico (ou tamén un teléfono móbil, unha PDA…), e simplemente cunha conexión a internet e un navegador, pode ter cubertas todas as súas necesidades informáticas, é dicir pode traballar, compartir, gardar e recuperar, comunicarse …, mediante servizos e aplicacións de Internet, e polo tanto sen ter que telos instalados no seu equipo persoal.
Polo tanto a idea do cloud computing baséase en suministrar dende Internet as aplicacións que usamos máis habitualmente no noso PC, de xeito que esteamos onde esteamos poidamos empregalas.

Pero non so individualmente é moi aproveitable o “cloud computing”. Educativamente, a nivel de grupo/clase, ou dos diferentes equipos de traballo dun centro, dun grupo de orientadores, ou dun grupo de escolas que comparten proxectos ou profesionais é un recurso ideal e con moitas posibilidades para a creación dun espazo virtual de traballo e comunicación onde poden compartir recursos, comunicarse, traballar xuntos, verse uns a outros e aprender onde queira que estean e o desexen.
Como vemos a principal vantaxe do “cloud computing” é que simplemente cunha conexión a internet e o navegador de calquera ordenador podemos dispoñer de todas, ou case que todas, as aplicacións actualizadas que antes necesitabamos adquirir e instalar nos nosos ordenadores e os documentos que elaboremos estarán protexidos en caso de avarías do noso ordenador. Ademais esta facilidade e versatilidade de acceso fai moito máis doada as posibilidades de participar, contribuír e compartir recursos.
Persoalmente penso que, como quedou refrexado ata o de agora, o “cloud computing” aporta grandes vantaxes para o mundo educativo, a súa flexibilidade e ubicuidade no traballo son inmellorables; pero a parte de que debemos de dispoñer dunha conexión a internet, que por agora non é universal, dependemos, poñémonos en mans de compañías privadas,coa conseguinte perda de control sobre os nosos documentos, as aplicacións e as súas melloras, os nosos datos … e sen olvidar que nos traballamos con menores de idade: os nosos alumnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario