Mostrando entradas con la etiqueta webquest. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta webquest. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2012

WEBQUEST


Unha webquest é unha actividade de busca informativa guiada, na que a información usada polos alumnos é obtida de Internet, é dicir, usamos Internet como recurso educativo. A primeira Webquest deseñouna a mediados dos 90, Bernie Dodge.
As Webquest deséñanse para rentabilizar o tempo do alumnado, centrando a actividade no uso da información, máis que na súa busca, e para apoiar a reflexión do alumnado nos niveis de análise, síntese e avaliación. Se constrúe arredor dunha tarefa atractiva e realizable que involucra desde a adquisición e organización do coñecemento, ata a extensión e procesamento do mesmo. Polo tanto trátase tamén de evitar o habitual copia e pega que soe facerse con internet.
As webquests manteñen unha estrutura xeral na que se establecen unha serie de apartados:
• Unha introdución que contextualiza o traballo que se vai a desenvolver e que debe ser clara e concisa.
• Unha tarefa que describe concretamente o traballo que se vai realizar.
• Os recursos, sitios web fundamentalmente, onde atopar a información necesaria.
• O proceso que determina o modo, paso a paso, no que se obterá a información para levar a cabo con éxito a tarefa por parte dos alumnos/as.
• A avaliación que establece o método de cualificación da  actividade.
• E unhas conclusións finais que repasen o que aprenderon os alumnos/as e como pode ser aplicado a outros temas.
É dicir, que a través das webquest o profesorado pode crear actividades de maneira guiada, cunhas premisas claramente establecidas e baseándose principalmente en recursos procedentes de internet e actuando de guía, na busca destes recursos . Pola súa banda os alumnos teñen que facer un uso lóxico e práctico da información, esixíndolles unha actitude activa e crítica para a resolución de problemas, análises ou sínteses que se plantexen.
Finalmente deixo aquí diversos enlaces sobre webquest:
  Recopilación de webquest por áreas e materias. Moitas en catalán

miércoles, 4 de abril de 2012

MARCADORES SOCIAIS: TICs


Hoxe quero facer unha pequena reseña da webquest  “Las TICS enorientación y tutoría”, atopada en Mister Wong na súa categoría de orientación_tic.
É unha webquest que está dirixida a titores e orientadores que queiran aprender a utilizar as Tics no ámbito da orientación educativa e a titoría.
Nela, a través de enlaces, empeza por axudarnos a crear contas en hotmail ou en gmail. A continuación, e a través de varios vídeos, guíanos na creación dun blog, de melloralo poñéndolle gadgets, fotos e vídeos, editando entradas… Ensínanos tamén a crear un vídeo có programa Photostory e posteriormente insertalo no blog. Tamén nos deixa os enlaces para poder crear discos duros virtuais, tanto en Skydrive, como en Dopbox, para así poder utilizalos para compartir materiais cos titores, por exemplo. Finalmente nos ensina a crear unha webquest (válida tanto para orientadores como para titores) coa axuda dun vídeo e unha webquest, deixándonos tamén un enlace onde poderemos crear e aloxar a nosa webquest.