Mostrando entradas con la etiqueta mister wong. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mister wong. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de abril de 2012

MARCADORES SOCIAIS: TICs


Hoxe quero facer unha pequena reseña da webquest  “Las TICS enorientación y tutoría”, atopada en Mister Wong na súa categoría de orientación_tic.
É unha webquest que está dirixida a titores e orientadores que queiran aprender a utilizar as Tics no ámbito da orientación educativa e a titoría.
Nela, a través de enlaces, empeza por axudarnos a crear contas en hotmail ou en gmail. A continuación, e a través de varios vídeos, guíanos na creación dun blog, de melloralo poñéndolle gadgets, fotos e vídeos, editando entradas… Ensínanos tamén a crear un vídeo có programa Photostory e posteriormente insertalo no blog. Tamén nos deixa os enlaces para poder crear discos duros virtuais, tanto en Skydrive, como en Dopbox, para así poder utilizalos para compartir materiais cos titores, por exemplo. Finalmente nos ensina a crear unha webquest (válida tanto para orientadores como para titores) coa axuda dun vídeo e unha webquest, deixándonos tamén un enlace onde poderemos crear e aloxar a nosa webquest.

MARCADORES SOCIAIS: BLOGs


Seguindo coa aprendizaxe sobre o uso das TICs no meu traballo como orientador, estou agora descubrindo os MARCADORES SOCIAIS, unha ferramenta que nos pode axudar a mellorar os procesos de información, formación e comunicación do Departamento de Orientación co alumnado, familias e profesorado. Ou como empeza Amparo Toral no seu estupendo artigoMARCADORES SOCIALES: Mister Wong, Diigo y Delicious”, Os marcadores sociais permiten ós profesores localizar, almacenar, etiquetar e anotar recursos de Internet para reutilizalos dende calquera ordenador, e compartilos coa comunidade educativa.
Eu, debido as miñas limitacións co inglés, centreime en Mister Wong, o único que está en castelán. Nel, e na categoría de Blogs, entre unha morea deles, atopei varios moi interesantes.  Un deles é o de “Orientación Andujar”, blog no que atopamos gran cantidade e calidade de recursos de orientación, titorías, audición e linguaxe, necesidades educativas especiais, atención, conduta, lectoescritura…. Ofrécenos tamén unha chea de interesantes enlaces a outras páxinas, como por exemplo “Actiludis” ou “9letras”. Ademais é un blog que ofrece novos recursos con moita asiduidade, non pasa apenas tempo e xa nos está ofrecendo novos materiais. Por todo elo recomendo este blog, sobre todo a mestres e orientadores de infantil e primaria, aunque tamén ten recursos para educación secundaria.
Outro blog que tamén recomendo, aínda que a súa última entrada é xa de xaneiro do 2011, é “Recursos educativos para mestres”, que como se ve no seu título está en galego e vai dirixido basicamente para mestres, pero tamén atopamos enlaces para profes de secundaria.
O primeiro que me chamou a atención deste blog, é precisamente o último artigo: “Recursos TIC: clasificación xeral” que anima e motiva ó profesorado a introducir o uso dos recursos TIC na súa práctica docente habitual. Para elo suxírenos unha chea de recursos clasificados do seguinte xeito:
1. Recursos para apoiar a exposición docente (as explicacións habituais do profesor/a) e para buscar información en internet.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos e reforzo para o alumnado
5. Outros recursos xeneralistas e de apoio (redes sociais docentes, departamento de orientación (PT, AL…), directorios de recursos…)
Ademais déixanos tamén outro montón de enlaces sobre atención á diversidade, blogs educativos, para titores, conmemoracións e temas transversais, convivencia, orientación educativa, recursos de aula, software libre, web 2.0…